Feijóo participa nun novo acto electoral en Catalunya e alerta agora da construción "dun peronismo" por parte de Convergència Democrática. Faino tras considerar a Artur Mas como "inimigo" de Catalunya. Recólleo Economía Digital
Fálase
Os alcaldes da Coruña e Santiago subscriben un manifesto impulsado polas alcaldesas de Barcelona, París e Lampedusa e mais o rexedor de Lesbos a prol da acollida de persoas refuxiadas en territorio europeo. Nós, as cidades de Europa pode lerse en El País.
Arestora celébranse nas sete cidades concentracións en solidariedade coas persoas refuxiadas, apoiadas por sindicatos, partidos políticos e a Asemblea de Cooperación para a Paz. Na imaxe de @godial, a concentración de Santiago.
Faro de Vigo repasa as tractoradas vividas en Galicia nas últimas tres décadas e os motivos que as provocaron.
Vence advirte de que "a candidatura galega non pode pregarse a facer ministro a Pablo Iglesias". Afírmao nunha entrevista en La Voz
O Burela gaña a Supercopa de fútbol sala feminino tras impoñerse na final ao Atlético Féminas
O Concello de Lalín anuncia a suspensión da "Encomenda do Cocido" por, en verbas do alcalde, Rafael Cuiña, ser un "acto propagandístico". O equipo de goberno (CxG-PSdeG) anuncia tamén que o xantar da feira, antes sufragado polo Concello, pasa a ser un evento "solidario".
Xa está en marcha a xuntanza do Encontro Cidadán por unha Marea Galega, que comeza cunha mesa de partidos. Pódese seguir ao vivo a través de streaming.
A tractorada de Lugo comeza a abandonar a cidade e os gandeiros que a viñeron liderando desmárcanse das protestas contra as industrias. A información, esta tarde en Praza.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego entrégalle un tractor en miniatura ao alcalde de Santiago como "agradecemento" á acollida da cidade á tractorada.