Dez persoas optarán aos dous postos que Anova designará para as eleccións europeas. Lidia Senra, Luis Eyré, Ana María Vidal, Xosé Miguel Rodríguez, Eduardo García, Julio Villanueva, David Balado, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Rial poderán facer campaña interna ao longo da semana e o domingo día 30 celebrarase a votación.
Fálase
Policías antidisturbios maniféstanse en Madrid pola "mala xestión" da manifestación do 22-M. Cóntao El Diario.
Falece Adolfo Suárez, ex presidente do Goberno de España, aos 81 anos de idade. Durante a última década padeceu a enfermidade de Alzheimer.
Un vídeo de Juan Carlos Mohr amosa como a policía golpea un reporteiro que traballaba onte en Madrid durante as cargas policiais posteriores ás Marchas da Dignidade.
O Deportivo da Coruña gaña por 0-1 ante o Zaragoza e mantense en postos de ascenso á Primeira división.
#22M Unha asemblea de participantes nas Marchas da Dignidade reúnese a esta hora en Madrid para decidir como continuar coas reivindicacións (foto: El Diario).
A coalición na que se integra Anova obtería 9 escanos nas eleccións europeas, a que inclúe a CxG conseguiría 2 e a do BNG, 1, segundo unha sondaxe de El País que sitúa o PSOE como o partido con maior representación nas eleccións do 25-M.
A xuíza da Pokémon investiga por que a Policía Local da Coruña actuou contra un "testemuño primordial" do caso sen a correspondente orde xudicial. Cóntao Faro de Vigo
Cacharro consentiu "groseiras ilegalidades" na contratación de obras da Deputación de Lugo, segundo a Fiscalía. Cóntao La Voz
O Obradoiro perde por 1 punto ante o Fuenlabrada nun desputadísimo partido.