A coalición na que se integra Anova obtería 9 escanos nas eleccións europeas, a que inclúe a CxG conseguiría 2 e a do BNG, 1, segundo unha sondaxe de El País que sitúa o PSOE como o partido con maior representación nas eleccións do 25-M.
Fálase
A xuíza da Pokémon investiga por que a Policía Local da Coruña actuou contra un "testemuño primordial" do caso sen a correspondente orde xudicial. Cóntao Faro de Vigo
Cacharro consentiu "groseiras ilegalidades" na contratación de obras da Deputación de Lugo, segundo a Fiscalía. Cóntao La Voz
O Obradoiro perde por 1 punto ante o Fuenlabrada nun desputadísimo partido.
O CD Lugo logrou esta tarde unha fundamental vitoria ante o Recreativo de Huelva por 2-0
Comezan as cargas policiais no fondo da praza na que se desenvolve o acto final do #22M. Dende a megafonía instan os antidisturbios a abandonar a praza por tratarse "dun acto completamente legal" que aínda non rematou.
Xa está en marcha o acto final da manifestación do #22M en Madrid. Público TV está a retransmitilo en directo.
Paulo Carlos López será o candidato de Compromiso por Galicia para as eleccións europeas tras gañar as primarias do partido. A información da xornada galega de precampaña, esta tarde en Praza.
#22M Os bombeiros que se negaron a desafiuzar a Aurelia Rey, na Coruña, participan na columa galega da marcha, segundo detalla dende Madrid Virginia Uzal.
#22M A columna galega que chega ás Marchas da Dignidade en tren xa está nas rúas de Madrid. Unirase ás persoas que viaxaron en autobús para, xunto a elas, dirixirse ao punto de inicio da manifestación, segundo informa Virginia Uzal.