Comezan as cargas policiais no fondo da praza na que se desenvolve o acto final do #22M. Dende a megafonía instan os antidisturbios a abandonar a praza por tratarse "dun acto completamente legal" que aínda non rematou.
Fálase
Xa está en marcha o acto final da manifestación do #22M en Madrid. Público TV está a retransmitilo en directo.
Paulo Carlos López será o candidato de Compromiso por Galicia para as eleccións europeas tras gañar as primarias do partido. A información da xornada galega de precampaña, esta tarde en Praza.
#22M Os bombeiros que se negaron a desafiuzar a Aurelia Rey, na Coruña, participan na columa galega da marcha, segundo detalla dende Madrid Virginia Uzal.
#22M A columna galega que chega ás Marchas da Dignidade en tren xa está nas rúas de Madrid. Unirase ás persoas que viaxaron en autobús para, xunto a elas, dirixirse ao punto de inicio da manifestación, segundo informa Virginia Uzal.
Mercedes Leobalde gaña o XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, que organiza o Concello de Lugo, coa súa obra Funambulistas.
#22M Chega a Madrid a columna noroeste, na que se integran os participantes galegos na marcha. Ao tempo, xa está na capital española o tren procedente de Galicia para participar nas Marchas da Dignidade.
#22M Controis da Garda Civil, rexistros e identificacións obstaculizan a chegada a Madrid dos participantes nas Marchas da Dignidade que viaxan en autobuses. Cóntao El Diario
O BNG presenta a esta hora a súa candidatura ás europeas, que encabeza Ana Miranda e que define como "a da Galiza que se rebela". Máis información, hoxe en Praza
Besteiro avanza no Comité Nacional do PSdeG que o partido reformulará a súa presenza na Fegamp se Feijóo persiste no ataque aos concellos. Explica tamén que a formación ten unha débeda de 2,1 millóns de euros e se ve abocado a reestruturar o seu cadro de persoal. Máis información, hoxe en Praza.