A ultradereita gaña a primeira volta das eleccións en Austria con máis do 36% dos votos.
Fálase
Carmela Silva non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG. Di, no entanto, que a formación "non está agora neste proceso".
A FEB ordena cortar o himno galego antes do derbi entre Breogán e Básquet Coruña en Riazor. O club coruñés aclara que a interrupción foi ordenada polo comisario da Federación e que a entidade non tivo nada que ver.
O Breogán empata a eliminatoria dos play-offs da LEB (1-1) ante o Básquet Coruña tras vencer en Riazor (85-90).
Incautado en Tui o maior alixo de heroína da historia de Galicia. Máis de 55 quilos de droga e varios detidos na operación policial.
O Deportivo acada un valioso punto en Eibar (1-1) pero non dá confirmado a permanencia. Na 2ªB, o Compostela cae co Coruxo (1-2) e está a un paso do descenso a Terceira. O Racing de Ferrol aséntase no liderado coa vitoria ante o Celta B (0-1).
Ana Pontón cre que "Podemos e C's, como PP e PSOE, practican a política máis vella: o centralismo". Asegúrao nunha entrevista en La Opinión A Coruña e o Faro de Vigo.
Aduanas fai agromar 112 millóns en diñeiro negro en Galicia, un terzo do total do Estado. O importe dos delitos por branqueo o ano pasado é o segundo maior desde que comezou a crise.
El Desconocido apaña 12 premios nos Mestre Mateo, que celebrou este sábado a súa gala. Toda a información, este domingo en Praza.
Vázquez Almuíña di que falar de recortes e asasinatos na hepatite C está "fóra de todo lugar". O conselleiro de Sanidade cre que "posiblemente" os pacientes terían falecido aínda que se lle subministrasen antes os medicamentos. Dio nunha entrevista en La Voz de Galicia.