O PSOE alcanza a Podemos en intención de voto, segundo unha enquisa electoral de Metroscopia. O PP mantense firme na primeira praza e Ciudadanos continúa co seu lento descenso.
Fálase
O novo partido de Domènech e Colau aposta por unha soberanía compartida de Catalunya. "Queremos unha soberanía completa para Catalunya, e queremos que sexa libremente compartida por todos os pobos irmáns do Estado", di o deputado de En Comú Podem.
Luís Villares non ve "risco de ruptura" en En Marea e séntese "apoiado" polos alcaldes das mareas, pero recoñece que "tería sido mellor" un "consenso" para a coordinadora e declárase "un máis ao servizo da confluencia".
ÚLTIMA HORA | Xosé Hermida, galardoado co Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. O xornalista galego de El País faise coa 13º edición deste premio que recoñece o labor profesional no xornalismo. Máis información, hoxe en Praza.
ETA facilita a ubicación de oito depósitos de armas. Os verificadores internacionais confirman a entrega da localización dos zulos, onde hai subfusís, armas curtas e explosivos, segundo adiantou Le Monde.
Francia poderá encausar a firma que revisou o Prestige e que España demandou nos EUA. O Tribunal de Apelación nega a ABS a inmunidade soberana.
Compañeiros e familiares de José Couso volven concentrarse ante a Embaixada dos EUA no 14º aniversario do seu asasinato en Iraq.
Yolanda Díaz cre que En Marea deu "un paso atrás" coa elección da súa coordinadora e coincide nas críticas con Xulio Ferreiro, Martiño Noriega ou Antón Sánchez. "Excluíndo, dividimos", dixo a deputada.
Dous mortos logo de que un camión atropelase unha multitude en Estocolmo. O vehículo levou por diante ducias de persoas e o primeiro ministro sueco di que o país "foi atacado" e que todo apunta a un "ataque terrorista".
Mouriño anuncia a marcha "irreversible" do Celta da cidade de Vigo e que construirá un estadio fóra do concello. O presidente do club carga con dureza contra Caballero e rexeita a concesión que lle ofreceu.