A pesar de que a taxa de desemprego en Portugal está en máximos históricos, aumentan as xornadas laborais superiores a 41 horas. Un de cada cinco empregados portugueses xa traballan máis das 40 horas, que son o límite legal
Fálase
A achega da Xunta para a rede de bibliotecas públicas reduciuse á metade (de 5,9 a 2,9 millóns de euros) nos últimos tres anos. A Cidade da Cultura terá agora preferencia para recibir fondos.
A policía sudafricana asasinou cando menos 18 mineiros que protestaban polas súas condicións de traballo. As imaxes están dando a volta ao mundo.
O café De Catro a Catro, en Vigo, acolle este venres a proxección de catro curtametraxes realizadas por realizadores novos da comarca viguesa: Maletas, Cobaias, As Sombras do Outeiro e Carapuchiña e o pobo feroz. A sesión comezará ás oito e media da tarde.
A industria alimentaria prepara unha forte suba de prezos para o outono. Ao incremento do IVE súmase o das materias primas. De momento, denuncian que Mercadona xa comezou a aplicar en agosto estas subas.
Wikileaks anuncia en Twitter que Assange fará unha declaración persoal ante a embaixada o domingo ás dúas da tarde. Baltasar Garzón, avogado de Assange, pídelle ao Reino Unido que lle dea un salvoconduto, pero o ministro británico de Exteriores, William Hague, xa confirmou que non o farán. A BBC explica as opcións que Assange ten de saír do país sen ser detido.
O Goberno xustifica a imposición dunha multa a unha persoa que levaba unha bandeira republicana nun partido de balonmán entre España e Alxeria porque podía interpretarse como unha "provocación" aos aficionados españois.
Assange agradece no seu twitter a decisión do goberno ecuatoriano
Ecuador resiste as presións do Goberno británico e anuncia que concederá asilo político a Julian Assange. O ministro ecuatoriano de Exteriores, Ricardo Patiño, afirma que a decisión se basea no perigo que corría a vida de Assange, que no caso de que fose extraditado de Suecia a Estados Unidos, podería ser condenado a morte.
O Sindicato Andaluz de Trabajadores inicia en Jódar (Jaen) marchas obreiras en dirección ás capitais de provincia andaluzas contra os "recortes nos dereitos dos traballadores". As marchas incluirás accións sorpresa e o sindicato xa anunciou que volverá ocupar a finca militar das Turquillas.