Assange agradece no seu twitter a decisión do goberno ecuatoriano
Fálase
Ecuador resiste as presións do Goberno británico e anuncia que concederá asilo político a Julian Assange. O ministro ecuatoriano de Exteriores, Ricardo Patiño, afirma que a decisión se basea no perigo que corría a vida de Assange, que no caso de que fose extraditado de Suecia a Estados Unidos, podería ser condenado a morte.
O Sindicato Andaluz de Trabajadores inicia en Jódar (Jaen) marchas obreiras en dirección ás capitais de provincia andaluzas contra os "recortes nos dereitos dos traballadores". As marchas incluirás accións sorpresa e o sindicato xa anunciou que volverá ocupar a finca militar das Turquillas.
A policía británica vixia as saidas da embaixada de Ecuador en Londres e ameaza con asaltala. Telesur informa de que no interior da sede diplomática se vive unha "tensa espera". Seguidores de Assange e membros de Occupy London concéntranse nos arredores e retransmiten en directo. Ecuador anuncará hoxe se concede asilo politico ao fundador de WikiLeaks
O PP indultou en catro meses 11 delincuentes de colo branco, é dicir, vinculados á acción pública, entres eles dous dos responsables de falsear as identidades dos falecidos no accidente do Yak42.
Positivas publicará en xaneiro a obra completa de Vidal Bolaño en seis volumes e tamén unha biografia escrita polo seu fillo Roi Vidal
A policía británica ocupa posicións nos arredores da embaixada de Ecuador en Londres e ameaza con entrar na sede diplomática
Dous dos creadores de Twitter e Blogger lanzan Medium, un novo proxecto de blogging a medio camiño entre Tumblr e Pinterest
As igrexas católicas francesas leron este mércores unha homilía contraria á intención de Hollande de legalizar o matrimonio homosexual. A maior parte dos franceses amósanse favorables ao matrimonio gai.
José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Isabel Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Ourense, acompañan en Nova York o equipo de Vilamor, que presenta o filme no New York City International Film Festival