José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Isabel Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Ourense, acompañan en Nova York o equipo de Vilamor, que presenta o filme no New York City International Film Festival

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Isabel Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Ourense, acompañan en Nova York o equipo de Vilamor, que presenta o filme no New York City International Film Festival
A campaña de apoio ás Pussy Riot acompáñase xa dunha canción (Free Pussy Riot!) e un videoclip creados por Peaches
89 médicos de Galicia acolléronse xa á obxeción de conciencia para atender a persoas sen papeis, segundo datos da Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (Semfyc). En todo o Estado un total de 1035 profesionais fixeron uso deste dereito, enviando os seus datos a través da páxina da Semfyc
O blog Clan Banlieue denuncia que ABC distorsiona a realidade presentando a corrida de touros celebrada en Donostia como un éxito de público cando a asistencia foi escasa.
Un estudo do Pew Research Center afirma que Obama supera claramente a Romney no seu uso das redes sociais e no contacto establecido cos electores a través desta vía.
Esta mañá celebrouse no Barco unha concentración -convocada pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo- en protesta pola política de prevención e extinción do lume da Xunta
A voceira do PSdeG-PSOE de Medio Rural no Parlamento, Sonia Verdes, critica que Núñez Feijóo visite a comarca de Valdeorras "50 horas despois do inicio" do lume que queimou 1.600 hectáreas
Denuncian que o Faro de Vigo se negou a publicar unha viñeta do humorista gráfico Davila relativa á agresión sufrida polo fotógrafo Rafa Estévez (imaxe vía @Leisoes)
O Ministerio de Educación convoca por fin as bolsas universitarias, que se poderán solicitar até o 15 de outubro. A convocatoria, publicada este martes do BOE, nunca se abrira tan tarde, e aínda que mantén o orzamento, endurece os requisitos académicos para acceder ás axudas e reduce á metade as bolsas para os alumnos repetidores.
Enrique Dans pregúntase (e conclúe que non) se se pode seguir confiando en Google, despois de que a empresa anunciase que vai penalizar nos seus resultados de búsqueda aquelas páxinas que foran obxecto de peticións de retirada de contidos polo incumprimento das leis de copyright. Dans denuncia que "hai moito tempo que Google deixou de ser un modelo de limpeza e virtude".