Nas últimas horas son innumerables as mensaxes de apoio chegadas dende todo o planeta. O presidente francés François Hollande expresou a total solidariedade de Francia. Tamén o presidente ruso Vladímir Putin enviou as súas condolencias, o mesmo que o Papa Francisco. E tamén a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e Israel.
Fálase
Estanse convocando concentracións silenciosas para as 20.42 horas de hoxe en varias cidades de Galicia. En Ourense o acto de homenaxe ás víctimas terá lugar na estación Empalme. A cita foi convocada por diversas organizacións, entre elas a Plataforma en Defensa do Tren.
O xuiz tomará declaración como imputado ao maquinista. O titular do Xulgado de Instrucción número 3 de Santiago ordenoulle á Policía Xudicial tomar declaración como imputado ao condutor, que está a disposición policial nestrs momentos, segundo informan fontes do TSXG, que aclaran que ainda non está imputado xudicialmente.
Os bombeiros dependentes do consorcio comarcal suspenderon durante sete días a folga e as protestas que tiñan convocadas. O comité de folga fixo un chamamento aos profesionais e mesmo se incorporou aos parques persoal que estaba de vacacións.
Novos datos: 95 feridos seguen ingresados, 36 deles en estado crítico, segundo vén de confirmar a conselleira de Sanidade.
A Xunta eleva o número de falecidos a 79. Hai 130 feridos polo tráxico accidente de tren en Compostela.
Vén de anunciarse que todos os feridos, que se atopan en hospitais de toda Galicia, xa están identificados.
A Fegamp convoca cinco minutos de silencio para mañá ás 12 do mediodía en todos os concellos de Galicia.
Acaba de anunciarse a suspensión do Festival Sinsal San Simón, que se ía celebrar esta fin de semana, en solidaridade coas vítimas da traxedia. Tamén se apraza o Festival Intercéltico do Morrazo, que se ía desenvolver este venres 26 e sábado 27 en Moaña