A Xunta eleva o número de falecidos a 79. Hai 130 feridos polo tráxico accidente de tren en Compostela.
Fálase
Vén de anunciarse que todos os feridos, que se atopan en hospitais de toda Galicia, xa están identificados.
A Fegamp convoca cinco minutos de silencio para mañá ás 12 do mediodía en todos os concellos de Galicia.
Acaba de anunciarse a suspensión do Festival Sinsal San Simón, que se ía celebrar esta fin de semana, en solidaridade coas vítimas da traxedia. Tamén se apraza o Festival Intercéltico do Morrazo, que se ía desenvolver este venres 26 e sábado 27 en Moaña
Comezan a comunicarlles ás familias o nome dos falecidos. Os 44 especialistas que integran o Grupo de Intervención Psicolóxica de Catástrofes están todos en alerta e emprestan asistencia ás vítimas da traxedia en quendas de 15. Levan horas traballando tanto no lugar do accidente, no Cersia de San Lázaro (na imaxe), onde se concentran os familiares, nos hospitais e no multiusos de Sar.
Vén de comparecer o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que anuncia sete días de loito oficial en Galicia.
O Centro de Transfusión de Galicia quere agradecerlle á cidadanía "a xenerosa colaboración prestada á hora de doar sangue", logo do chamamento realizado no día de onte. Informa de que as necesidades de sangue están cubertas a curto prazo e a partir de agora, o Centro de Transfusión solicita que as doazóns se fagan máis gradualmente
Continúa a ser criticada a cobertura realizada por TVE. O Canal 24 horas tardou dúas horas en ofrecer a noticia e nos primeiros momentos sen imaxes do accidente.
As portadas da prensa de todo o Estado están monopolizadas pola traxedia de Compostela