football-lab.com, unha ferramenta deseñada por investigadores de varias universidades co apoio de El Diario, ofrece prognósticos dos partidos en tempo real, grazas á incorporación de numerosas fontes de datos, a maior parte delas procedentes das casas de apostas.
Fálase
Preséntase Guanyem Barcelona, a plataforma promovida por Ada Colau, "para recuperar a democracia" dende a capital catalá. Nun manifesto sinalan que "hai que afortalar o tecido social", pero de igual xeito "é chegado o tempo de reapropiarnos das institucións"
O apoio á Monarquía crece até o 51%, tras a abdicación do rei, segundo unha sondaxe que publica El Diario. Os partidarios da República son maioría nos que teñen entre 31 e 44 anos. O 53% dos votantes do PSOE optan por unha Monarquía.
Detida en León María Osorio, que se atopaba en busca e captura, condenada a sete anos de cadea acusada de pertencer a Resistencia Galega.
A Coruña acollerá o vindeiro xoves 18 unha manifestación baixo o lema “Galiza pola República e polo Dereito a Decidir”, co apoio de Anova, BNG, CxG, Equo, Espazo Ecosocialista ou Esquerda Unida, entre outros. O manifesto conxunto será lido polo escritor Manolo Rivas.
A Coordinadora Nacional de Anova aproba o calendario para a súa segunda Asemblea Nacional. O plenario terá lugar os días 11 e 12 de outubro nun lugar aínda por determinar. A xuntanza aprobou o informe de campaña das pasadas eleccións europeas e decidiu apoiar activamente a iniciativa de Rodea o Parlamento do vindeiro 21 de xuño
Tragsa comezou a recoller o lixo acumulado no centro de Lugo, pola folga dos traballadores de Urbaser. Os sindicatos consideran que esta medida, decidida polo Concello, vulnera o dereito de folga, e xa anunciaron que presentarían unha denuncia ante a Fiscalía.
O ex alcalde compostelán Ángel Currás manterase como edil no novo Goberno de Compostela, que contará cunha maioría de concelleiros non electos, e no que estarán Marta González, deputada popular no Congreso, e María Jesús Sainz, senadora.
A candidatura encabezada por Pablo Iglesias e Luis Alegre pilotará a preparación da asemblea fundacional de Podemos, despois de recibir o 86% dos máis de 55 mil votos emitidos en 40 horas. Iglesias pide un "proceso constituínte que lle devolva o poder ao pobo" e destaca que "non viñemos dar a nota, senón a ser a nota dunha nova canción".
A empresa pública Tragsa recollerá o lixo no centro de Lugo durante o Arde Lucus, para ocultar os efectos da folga que dende o mércores levan a cabo os traballadores de Urbaser. Os sindicatos consideran a contratación de Tragsa "unha vulneración do dereito de folga" e denunciarana ante a Fiscalía.