Pedro Sánchez anima a votar para que o goberno teña "a máxima lexitimidade posible". O líder do PSOE vén de exercero seu dereito ao voto en Madrid.
Fálase
Leiceaga anima os cidadáns a "votar de forma masiva". Ángela Rodríguez, candidata de En Marea, di que hoxe "váiselle gañar á tristeza". Gómez Reino pide votar "con esperanza".
Albert Rivera chama a votar "especialmente á xente moderada". "É importante ir votar, xa vimos o que vén de pasar no Reino Unido", di o líder de Ciudadanos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, votou xa neste 26-X. O número un de Ciudadanos pola Coruña anima a votar "con cabeza" e espera non ter que volver "axiña" ás urnas.
Case a metade dos médicos galegos estarán xubilados dentro de dez anos. Catro de cada dez teñen xa máis de 55 anos.
Máis gravacións de Fernández Díaz confirman que buscou utilizar o poder xudicial para afundir rivais políticos. Novas revelacións saen hoxe publicadas no diario Público.
Normalidade na apertura dos colexios electorais en Galicia. Constituídas as 3.981 mesas habilitadas en 2.470 locais de todo o país, segundo vén de destacar o delegado do Goberno, Santiago Villanuea.
Alberto Garzón, líder de IU, xa votou en Málaga. O número cinco de Unidos Podemos foi o máis madrugador dos líderes estatais.
Abren os colexios electorais dunhas eleccións onde 2 millóns de indecisos serán a clave. Os votantes, convencidos de que ninguén terá unha maioría suficiente para gobernar.
1,5 millóns de sinaturas piden outro referendo no Reino Unido. O Parlamento considerará agora a petición para debate, o que se compromete a facer con todas as iniciativas cidadás que superen as 100.000 firmas.