O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, votou xa neste 26-X. O número un de Ciudadanos pola Coruña anima a votar "con cabeza" e espera non ter que volver "axiña" ás urnas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, votou xa neste 26-X. O número un de Ciudadanos pola Coruña anima a votar "con cabeza" e espera non ter que volver "axiña" ás urnas.
Case a metade dos médicos galegos estarán xubilados dentro de dez anos. Catro de cada dez teñen xa máis de 55 anos.
Máis gravacións de Fernández Díaz confirman que buscou utilizar o poder xudicial para afundir rivais políticos. Novas revelacións saen hoxe publicadas no diario Público.
Normalidade na apertura dos colexios electorais en Galicia. Constituídas as 3.981 mesas habilitadas en 2.470 locais de todo o país, segundo vén de destacar o delegado do Goberno, Santiago Villanuea.
Alberto Garzón, líder de IU, xa votou en Málaga. O número cinco de Unidos Podemos foi o máis madrugador dos líderes estatais.
Abren os colexios electorais dunhas eleccións onde 2 millóns de indecisos serán a clave. Os votantes, convencidos de que ninguén terá unha maioría suficiente para gobernar.
1,5 millóns de sinaturas piden outro referendo no Reino Unido. O Parlamento considerará agora a petición para debate, o que se compromete a facer con todas as iniciativas cidadás que superen as 100.000 firmas.
Así está a cotización da froita electoral dende Andorra na xornada de reflexión, segundo os datos de El Periódic d'Andorra que recolle Electograph.
Escocia pon sobre a mesa un segundo referendo de independencia e anuncia contactos "inmediatos" coa UE. Vídeo vía BBC News.
Varufakis: "A resposta ao Brexit debe ser a mobilización contra a austeridade". O ex ministro de Finanzas grego lamenta o resultado do referendo no Reino Unido nunha entrevista en eldiario.es.