Varufakis: "A resposta ao Brexit debe ser a mobilización contra a austeridade". O ex ministro de Finanzas grego lamenta o resultado do referendo no Reino Unido nunha entrevista en eldiario.es.

🏳️🌈
Varufakis: "A resposta ao Brexit debe ser a mobilización contra a austeridade". O ex ministro de Finanzas grego lamenta o resultado do referendo no Reino Unido nunha entrevista en eldiario.es.
Feijóo rexeitou en varias ocasións reunirse co dono de Monbus, Raúl López, segundo admitiu o propio empresario ante a xuíza De Lara. Europa Press accedeu ao sumario da Operación Cóndor, do que vén de levantarse o segredo, e conta que López negou tamén que tentase aproveitar a súa amizade co presidente do Consello Consultivo para orientar a lei de transporte público en beneficio das empresas do sector.
O Brexit leva o Ibex 35 á maior caída da súa historia nunha soa xornada, un 12%. Inditex, que perde un 6,8%, está entre os dez valores que mellor aguantan mentres que o peor é o grupo IAG formado por Iberia e British Airways, que cae preto dun 27%
A Policía acude á redacción de Público e pide as gravacións de Fernández Díaz sen orde xudicial, documento ao que o xornal condiciona a entrega.
A Policía acudirá á sede de Público.es pola públicación das gravacións de Fernández Díaz, segundo vén de anunciar o propio xornal
O Goberno de España retruca ao Brexit proclamando que "Gibraltar es parte del Estado español y ésta es su bandera". Afirmouno Soraya Sáenz de Santamaría ao remate do Consello de Ministros.
Así está a cotización da froita electoral dende Andorra a dous días das eleccións xerais, segundo os datos de El Periodic d'Andorra que recolle Electograph
AXENDA DE CAMPAÑA - 24 DE XUÑO
Feijóo nega que se estea a producir unha redución dos servizos do Hospital do Meixoeiro. “Non hai un desmantelamento, hai unha remodelación da área hospitalaria de Vigo”, di na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.