A Policía acude á redacción de Público e pide as gravacións de Fernández Díaz sen orde xudicial, documento ao que o xornal condiciona a entrega.
Fálase
A Policía acudirá á sede de Público.es pola públicación das gravacións de Fernández Díaz, segundo vén de anunciar o propio xornal
O Goberno de España retruca ao Brexit proclamando que "Gibraltar es parte del Estado español y ésta es su bandera". Afirmouno Soraya Sáenz de Santamaría ao remate do Consello de Ministros.
Así está a cotización da froita electoral dende Andorra a dous días das eleccións xerais, segundo os datos de El Periodic d'Andorra que recolle Electograph
AXENDA DE CAMPAÑA - 24 DE XUÑO
- PP: Feijóo pide o voto en Ferrol, Fene e Mos e pecha a campaña cun mitin no Palexco da Coruña.
- En Marea: A coalición celebra un acto sobre cultura e organiza unha festa de peche de campaña na praza de Cervantes de Santiago.
- PSdeG: Leiceaga fai campaña en Viveiro e Cerdedo e participa no mitin de peche na praza de San Martiño de Ourense.
- BNG: Balance de campaña pola mañá en Santiago é festa de peche na praza do Teucro de Pontevedra.
- Ciudadanos: Mesa informativa en Panxón ás 12.
- A saída da UE gaña no referendo do Reino Unido polo 51,89% dos votos
Feijóo nega que se estea a producir unha redución dos servizos do Hospital do Meixoeiro. “Non hai un desmantelamento, hai unha remodelación da área hospitalaria de Vigo”, di na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Chega a ración diaria de froita electoral! Hoxe @Electograph amosa moi pouca variación dende Andorra
Arquivada a causa contra o alcalde de Pol, Lino Rodríguez (PSdeG) por acoso laboral. Recólleo La Voz
VÍDEO Os galegos Radio Cos, na primeira listaxe da sección oficial do Womex 2016, que se celebra en Santiago en outubro. É o terceiro grupo galego selecciónado na historia do certame.