O Goberno de España retruca ao Brexit proclamando que "Gibraltar es parte del Estado español y ésta es su bandera". Afirmouno Soraya Sáenz de Santamaría ao remate do Consello de Ministros.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/576d25692106c-gobierno-investigacion-grabacion-fernandez-diaz_ediima20160624_0471_18.jpg)
O Goberno de España retruca ao Brexit proclamando que "Gibraltar es parte del Estado español y ésta es su bandera". Afirmouno Soraya Sáenz de Santamaría ao remate do Consello de Ministros.
Así está a cotización da froita electoral dende Andorra a dous días das eleccións xerais, segundo os datos de El Periodic d'Andorra que recolle Electograph
AXENDA DE CAMPAÑA - 24 DE XUÑO
Feijóo nega que se estea a producir unha redución dos servizos do Hospital do Meixoeiro. “Non hai un desmantelamento, hai unha remodelación da área hospitalaria de Vigo”, di na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Chega a ración diaria de froita electoral! Hoxe @Electograph amosa moi pouca variación dende Andorra
Arquivada a causa contra o alcalde de Pol, Lino Rodríguez (PSdeG) por acoso laboral. Recólleo La Voz
VÍDEO Os galegos Radio Cos, na primeira listaxe da sección oficial do Womex 2016, que se celebra en Santiago en outubro. É o terceiro grupo galego selecciónado na historia do certame.
O empresario Raúl López di estar "tranquilo" ante o levantamento do segredo na operación Cóndor, que será efectivo dende hoxe. Recólleo El Progreso
O cabeza de lista do PP na Coruña advirte de que Marea Atlántica fai que "Venezuela esté más cerca de lo que creemos". Afírmao nunha entrevista en La Opinión de A Coruña