Feijóo nega que se estea a producir unha redución dos servizos do Hospital do Meixoeiro. “Non hai un desmantelamento, hai unha remodelación da área hospitalaria de Vigo”, di na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Fálase
Chega a ración diaria de froita electoral! Hoxe @Electograph amosa moi pouca variación dende Andorra
Arquivada a causa contra o alcalde de Pol, Lino Rodríguez (PSdeG) por acoso laboral. Recólleo La Voz
VÍDEO Os galegos Radio Cos, na primeira listaxe da sección oficial do Womex 2016, que se celebra en Santiago en outubro. É o terceiro grupo galego selecciónado na historia do certame.
O empresario Raúl López di estar "tranquilo" ante o levantamento do segredo na operación Cóndor, que será efectivo dende hoxe. Recólleo El Progreso
O cabeza de lista do PP na Coruña advirte de que Marea Atlántica fai que "Venezuela esté más cerca de lo que creemos". Afírmao nunha entrevista en La Opinión de A Coruña
Rajoy advirte de que Fernández Díaz non vai dimitir e dubida que "a gravación sexa real". Afirmouno no programa El Hormiguero, ao que acudiu este mércores.
O Reino Unido xa vota no referendo sobre a permanencia na UE. O minuto a minuto de The Guardian, en eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 23 DE XUÑO
- PP: Feijóo dá un paseo electoral por Santiago e ás 20:00 ofrece un mitin con Baltar en Ourense
- En Marea: Ás 20:30, na estación marítima de Vigo, Beiras, Bescansa e Noriega ofrecen un mitin con candidatos da coalición.
- PSdeG: Leiceaga fala sobre sanidade en Cambre e ás 20:00, mitin de Alfonso Guerra en Pontevedra.
- BNG: Xincana simbólica contra o paro en Santiago e dende as 21:00, Pontón visita varias cacharelas en Santiago.
- Ciudadanos: Reparto de propaganda na Coruña ás 11:00 e mesa informativa en Pontevedra ás 19:00.
Fernández Díaz propuxo utilizar a Fiscalía para acelerar a publicación dun caso contra CDC. "Isto a Fiscalía afínacho, facemos unha xestión", propuxo.