O Reino Unido xa vota no referendo sobre a permanencia na UE. O minuto a minuto de The Guardian, en eldiario.es
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/576b8342e26eb-ultimo-registro-britanicos-quieran-referendum_ediima20160607_0125_9.jpg)
O Reino Unido xa vota no referendo sobre a permanencia na UE. O minuto a minuto de The Guardian, en eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 23 DE XUÑO
Fernández Díaz propuxo utilizar a Fiscalía para acelerar a publicación dun caso contra CDC. "Isto a Fiscalía afínacho, facemos unha xestión", propuxo.
Imputado un comisario por gravacións ilegais a outros policías a axentes do CNI. Adiántao eldiario.es
ÚLTIMA HORA A Xunta Electoral amplía o prazo para depositar o voto por correo ata mañá, 23 de xuño. En Galicia as solicitudes aumentaron máis dun 30% a respecto do 20D
Nova remesa de froita electoral dende Andorra! @Electograph amosa unha lixeira baixada da auga e unha leve alza da laranxa, mentres uvas e amorodos seguen cotizando coma onte.
Dieter Moure evita a quebra da Confederación de Empresarios de Galicia, aprobando no último momento o seu plan de viabilidade, que inclúe oito despedimentos.
A Xunta prescinde dos seus cinco avións contra incendios. Serán substituídos por catro helicópteros, pero aínda non se publicou o concurso para adquirilos. Os únicos avións que operarán serán os cinco que achega o Goberno central.
O Reino Unido vive hoxe o derradeiro día de campaña para o referendo sobre a súa permanencia na UE, que se celebrará mañá. Catro das cinco sondaxes publicadas nos últimos tres días prevén unha axustada vitoria dos partidarios da permanencia. Esta noite celebrarase o derradeiro debate televisivo, só unhas horas antes de que abran as urnas.
O PP non só manipulou o gráfico amosado por Pablo Casado no debate a sete, senón que mentiu: o gasto social reduciuse un 2,4% entre 2011 e 2014.