Gómez Besteiro, elixido novo secretario xeral do PSdeG co apoio do 95% dos delegados no Congreso socialista. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
Pachi Vázquez despídese do liderado do PSdeG garantindo "lealdade" á nova dirección e entre a ovación dos asistentes ao congreso. Pide a Ferraz que "tome exemplo" das primarias galegas.
O Goberno oculta a débeda con Facenda do Real Madrid e do Barcelona. Négase a ofrecer datos sobre os clubs que non son sociedades anónimas.
O Azkar Lugo empata e o Burela cae goleado na casa. Os lucenses asinaron táboas en Peñíscola (2-2) e os mariñaos caeron 0-4 ante ElPozo.
O Compostela golea o líder (4-0). Os goles de Joselu (2), Jordan e Jimmy derrotaron o Zamora en San Lázaro.
Un milleiro de militantes socialistas participan xa no congreso que ratificará como novo secretario xeral do PSdeG a Gómez Besteiro, que reunirá todos os ex líderes e ex presidentes da Xunta socialistas.
O Lugo golea o Las Palmas (3-0) e mantense na parte alta da clasificación de Segunda. Pita, Rennella e Víctor Díaz foron os autores dos goles galegos.
A policía detén 60 persoas que ían á manifestación 'Jaque al rey'. Requisáronlles bandeiras e pancartas.
BNG e Anova reuniranse o vindeiro mércores 2 de outubro de cara a conformar unha coalición nacionalista galega de cara ás eleccións europeas.
A aseguradora de Renfe culpa a Adif do accidente do tren en Angrois. Pide á Audiencia que manteña a imputación aos cargos do xestor ferroviario, segundo conta La Voz de Galicia.