BNG e Anova reuniranse o vindeiro mércores 2 de outubro de cara a conformar unha coalición nacionalista galega de cara ás eleccións europeas.
Fálase
A aseguradora de Renfe culpa a Adif do accidente do tren en Angrois. Pide á Audiencia que manteña a imputación aos cargos do xestor ferroviario, segundo conta La Voz de Galicia.
Medio millar de persoas percorren o Monte Pindo nun roteiro reivindicativo malia a forte choiva. Máis información, esta tarde en Praza. Imaxe de @quepasanacosta.
Un gol do galego Nico Alvarado na prórroga ante o Brasil mete a España na final do mundial de fútbol praia. Rusia será o rival.
O Santiago Futsal vence (4-1) o Umacon Zaragoza e colócase terceiro na liga de fútbol sala.
Detido o líder de Mencer Dourado en Grecia acusado de formar unha organización criminal. Foi arrestado polo asasinato de Pavlos Fyssas.
ETA avoga pola "reconciliación" pero non "renega" da loita armada. A banda terrorista emite un comunicado que este sábado será publicado integramente.
Os querelantes contra o franquismo acusan o xuíz Ruz de incumprir o tratado de extradición. Os avogados aseguran que se tería que ter detido aos catro torturadores.
CiU, ERC, ICV e CUP acordan que haxa data e pregunta para o referendo antes de fin de ano. A resolución de converxentes e Esquerra suma así máis apoios.
O Consello da Cultura Galega celebra dende as 18:00 o seu trixésimo aniversario. O acto pódese seguir ao vivo na súa web.