Un gol do galego Nico Alvarado na prórroga ante o Brasil mete a España na final do mundial de fútbol praia. Rusia será o rival.
Fálase
O Santiago Futsal vence (4-1) o Umacon Zaragoza e colócase terceiro na liga de fútbol sala.
Detido o líder de Mencer Dourado en Grecia acusado de formar unha organización criminal. Foi arrestado polo asasinato de Pavlos Fyssas.
ETA avoga pola "reconciliación" pero non "renega" da loita armada. A banda terrorista emite un comunicado que este sábado será publicado integramente.
Os querelantes contra o franquismo acusan o xuíz Ruz de incumprir o tratado de extradición. Os avogados aseguran que se tería que ter detido aos catro torturadores.
CiU, ERC, ICV e CUP acordan que haxa data e pregunta para o referendo antes de fin de ano. A resolución de converxentes e Esquerra suma así máis apoios.
O Consello da Cultura Galega celebra dende as 18:00 o seu trixésimo aniversario. O acto pódese seguir ao vivo na súa web.
Os avogados das persoas condenadas pola acusación de pertenceren a Resistencia Galega advirten de que "esgotarán todas as vías" legais para tentar revogar a sentenza, por entendela "inxusta". Subliñan que, se é neceserio, chegarán ao Constitucional ou ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Recólleo Faro de Vigo
Galicia recibirá 2.771 millóns de fondos estruturais da UE até 2020. Perderá o 17%, segundo informa Europa Press.
Feijóo evita aclarar se é partidario de que os deputados e deputadas tributen polo 100% do seu salario. Máis información, esta tarde en Praza.