Galicia recibirá 2.771 millóns de fondos estruturais da UE até 2020. Perderá o 17%, segundo informa Europa Press.
Fálase
Feijóo evita aclarar se é partidario de que os deputados e deputadas tributen polo 100% do seu salario. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta A Xunta aproba o novo plan de emerxencia exterior de Reganosa
#consellodaxunta O Consello inicia a tramitación da Lei de Accesibilidade, dirixida a persoas con discapacidade
#consellodaxunta Feijóo informa de que a vindeira semana comezan os trámites para declarar BIC as coleccións artísticas das antigas caixas. Están compostas por máis de 7.000 pezas dun milleiro de autores.
Galicia estraga os fondos europeos para poñer en valor o monte, segundo denuncia a UE. O Tribunal de Contas revela que as subvencións "non se xestionaron de forma eficiente nin eficaz", segundo conta Economía Digital.
A filla de Arias-Cañete substitúe a sobriña de De Guindos na Comisión Nacional da Competencia. Beatriz de Guindos pasa a ser directora na institución. Cóntao Cinco Días.
A deputada do BNG Carme Adán censura o "desbalde" da Consellería de Industria en campañas publicitarias "inútiles". A última acción propagandística, de medio millón de euros, tiña a intención de xerar "confianza" na saída da crise.
O xuíz rebaixa o soldo de Lendoiro a 7.000 euros brutos ao mes. Considera que a retribución do presidente do Deportivo é esaxerada.
As provincias de Pontevedra e Ourense están esta mañá en alerta laranxa por chuvias.