O xuíz rebaixa o soldo de Lendoiro a 7.000 euros brutos ao mes. Considera que a retribución do presidente do Deportivo é esaxerada.
Fálase
As provincias de Pontevedra e Ourense están esta mañá en alerta laranxa por chuvias.
O Celta cae en Getafe (2-0) nun mal partido e tras dous goles a balón parado. Luis Enrique realizou moitos cambios no equipo titular.
O Goberno central di agora que a autovía Lugo-Santiago estará en funcionamento en 2015. En Febreiro Fomento asegurou non ter orzamento para este vial nin en 2013 nin en 2014.
Estados Unidos e Rusia selan na ONU o acordo para o desarme de Siria. Recólleo El País.
O profesorado balear advirte de que está disposto "a seguir coa folga indefinida todo o ano" se o Govern de Bauzá non muda o seu decreto das linguas e os seus plans de recorte. En El Diario.
O PP culpa tamén a oposición da tardanza da reforma para que os deputados tributen por todo o seu salario. Os conservadores ostentan a maioría da Mesa do Parlamento. que ten a competencia, dende hai catro anos. En Faro de Vigo.
Stop Desahucios A Coruña convoca unha asemblea aberta para o vindeiro 5 de outubro, na que animan a participar a todas as persoas afectadas por situacións de desafiuzamento ou ameazadas de desaloxo. Quere ser un espazo de asesoría colectiva e de xeración de accións de resposta. Celebrarase ás 11 da mañá na Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
O salario dos funcionarios seguirá conxelado en 2014. É a cuarta conxelación consecutiva dos soldos dos traballadores públicos, que se suma ao recorte do 5% de 2010.
Moncloa presionou a Bloomberg para que suprimise as respostas de Rajoy sobre Bárcenas. "Ao finalizar a entrevista, pediron que se suprimise esa parte", aseguran fontes da canle.