Galicia emite o 7,5% dos gases que provocan efecto invernadoiro en todo o Estado. En La Región
Fálase
As primeiras páxinas dos diarios impresos galegos veñen protagonizadas, en boa medida, polo Celta-Dépor da pasada noite. Na prensa de Madrid a crise interna do PSOE centra as primeiras páxinas, aínda que con perspectivas diferentes.
#onosoderbi Final do partido! O derbi galego remata con empate, Celta de Vigo 1-1 Deportivo da Coruña. A crónica do partido, esta noite en Praza.
#onosoderbi A Radio Galega lembra que o último gol dun xogador galego nun enfrontamento entre Celta e Dépor en Primeira fora en 1973
#onosoderbi O Deportivo iguala o derbi cun gol de Juan Domínguez a pase de Valerón Celta 1-1 Deportivo
#onosoderbi O Celta inaugura o marcador do clásico galego con gol de Mario Bermejo. Celta 1-0 Deportivo
#onosoderbi Celta e Deportivo saltan a Balaídos. O Celta, de celeste e o Dépor, coa súa equipación suplente, de cor negra. A afección viguesa canta a capella o himno do seu equipo e forma un mosaico de bufandas.
#onosoderbi A apenas corenta e cinco minutos para o inicio do partido, os equipos confirman as súas aliñacións. O Celta saltará a Balaídos con Varas, Mallo, Cabral, Túñez, Lago, Borja Oubiña, Álex López, Augusto Fernández, Bermejo, Krohn Dehli e Iago Aspas e polo Dépor formarán Aranzubia, Laure, Marchena, Zé Castro, Ayoze, Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Bruno Gama, Valerón, Pizzi, Riki, segundo adianta a Radio Galega.
A protesta de Madrid está encabezada por unha pancarta contra os Orzamentos Xerais do Estado "da débeda" que reclama ademais un "proceso constituínte" no Estado
Esta tarde celébrase unha nova protesta dos colectivos do 25-S polas rúas de Madrid. En Público.es