O número de persoas que en España consulta medios de comunicación en España "case a diario" creceu un 160% no último ano.
Fálase
O día vai de festas... esta tarde presentouse en Compostela a iniciativa Mil festas máis para a lingua galega, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, aposta por que as celebracións populares "inclúan a exaltación da identidade territorial, o uso da lingua galega e a interpretación do himno", entre outros. Aínda que o PP criticou con dureza iniciativas semellantes dende a oposición, esta campaña ten agora o apoio da Xunta.
As orquestras galegas xeran un negocio de 26,2 millóns anuais e manteñen uns 4.000 postos de traballo. É unha das conclusións de Do palco ao escenario, estudo da Universidade de Santiago patrocinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Aquí podedes consultalo.
Este serán a CIG está a celebrar unha vintena de concentracións contra a reforma laboral, a maioría diante das casas consistoriais
Ana Botella e Esperanza Aguirre inauguran dúas veces no mesmo día un supermercado nunha das rúas máis caras de Madrid. Cóntao El Mundo.
A Liga Estudantil Galega levou adiante este xoves, baixo o lema Estamos fart@s, unha xornada de mobilización contra os recortes no ensino e como apoio á folga xeral do vindeiro día 29. Na súa web veñen de incluír unha galería de imaxes das protestas.
The Guardian, unha das referencias da información en papel pero tamén en Internet, tivo nos últimos días máis tráfico proveniente de Facebook que de Google grazas a unha nova aplicación social. En Periodistas 21
Bota a andar Terra da Fraternidade, a homenaxe ao Zeca Afonso no cuadraxésimo aniversario da primeira interpretación de Grándola, vila morena. Os actos culminarán cun festival en Compostela o vindeiro 10 de maio. Ademais, a iniciativa vén de estrear web.
A Xunta Electoral Central obriga o Ministerio de Emprego a retirar o vídeo co que publicitaba a reforma laboral. Faino a instancias do PSOE, que vía na montaxe "propaganda" no marco da campaña electoral de Andalucía e Asturias. En La Información.
Despois da morte de Mohamed Merah no asalto da policía francesa na casa de Toulouse no que se atopaba cercado, Sarkozy reanudará a campaña electoral ás seis da tarde, e promete que "endurecerá as leis contra as ideoloxías de odio". Unha enquisa en Le Figaro indica de dous de cada tres franceses cren que os sucesos destes días terán efectos no resultado das eleccións presidenciais.