A banca abordará con Deloitte o refinanciamento da débeda de Pescanova e non descarta entrar no seu capital.
Fálase
Os galegos seguen sendo "tontos" para a RAE até outubro de 2014. Cóntao El País.
O alcalde da Coruña expulsa do pleno os afectados polas preferentes, que comezaran un peche parcial nos locais da oposición. Os grupos acordan a retirada do título de fillo predilecto a José Luis Méndez.
A metade das 60.000 persoas que teñen preferentes en Galicia non o saben, segundo o avogado vigués Agustín Gándara. Recomenda a vía xudicial para aqueles que teñan atrapados máis de 25 mil euros.
O paro baixou en abril en 46.050 persoas no conxunto de España, até os 4.989.193 desempregados. En Galicia o descenso foi inferior: apenas 753 parados menos.
Unha lagoa legal permitiulle ao PP en 2011 superar o importe máximo de cada doazón. A lei impide que unha soa persoa entregue máis de 100.000 euros pero varios empresarios superaron con creces ese límite facendo as súas entregas a través de varias sociedades
Carme Chacón envíalle unha carta ao primeiro secretario do PSC, Pere Navarro, na que o insta a non acudir ao cumio sobre o dereito a decidir convocada por Mas.
Breogán e Básquet Coruña terán que disputar o quinto partido na súa eliminatoria de ascenso á ACB. Os lucenses caeron en Cáceres (74-65) e os coruñeses na casa ante o Andorra (69-84).
Fútbol. Segunda B. O Ourense empata ante o Leganés (1-1) no Couto e afástase dos postos de descenso. O Coruxa saca un punto (0-0) ante o poderoso Oviedo no Tartiere e confirme a permanencia matemática.
Besteiro descarta que o Comité Federal rexeite as primarias galegas. "Non serían boas máis dilacións", asegura.