Iron Maiden foron as grandes estrelas da xornada do sábado do Resurrection Fest, á que asistiron máis de 22 mil persoas
Fálase
Obama iniciou este sábado pola noite a súa visita dun día a España. Este domingo reunirase co rei Felipe VI, con Rajoy e cos líderes dos outros tres grandes partidos.
Marea Granate denuncia que case 50.000 emigrados/as quedaron sen votar o 26X a pesar de solicitalo, sobre todo porque as papeletas non chegaron a tempo. É un 29% daqueles que inciaron os trámites
O Instituto Galego da Vivenda e Solo deu a coñecer este venres as 99 candidaturas ao Premio Galego de Arquitectura e o Premio Galego de Rehabilitación. Pódense consultar todas neste enlace da revista Arquitectura de Galicia
Rajoy pídelles a todos os partidos un "esforzo" para poder formar un Goberno "estable" e de forma rápida. "Unhas terceiras eleccións serían unha insensatez que non esqueceríamos nunca", afirmou o líder popular
Beiras avoga por incorporar a En Marea espazos do "nacionalismo de esquerdas" dispostos a integrarse, coma o Foro Galego ou os asinantes do Chamamento de Vidán. A Coordinadora de Anova, celebrada este sábado en Teo, aprobou apoiar o manifiesto presentado esta semana polos alcaldes das mareas. Beiras defendeu ademais a incorporación de elementos da metodoloxía de Mareas en Común.
O BOE deste sábado recolle a concesión da autorización do Goberno en funcións a Reganosa para que a planta de gas siga operando, a pesar das dúas sentenzas do Tribunal Supremo que esta primavera anularon os permisos concedidos. Toda a información, esta tarde en Praza.
Mareas en Común celebrou este sábado na Estrada unha nova xuntanza.
Podemos celebra este sábado xuntanza do Consello Cidadán Estatal. Pablo Iglesias pide que a formación mire ao "futuro" e constrúa un "bloque histórico cos movementos populares". "Unidos Podemos veu para quedar e será unha forza política esencial", salientou
O PSOE votará "non" na investidura de Mariano Rajoy. No Comité Federal socialista Pedro Sánchez esíxelle ao popular que se someta ao proceso de candidatura e deixa, polo momento, ao PSOE na oposición