Rajoy pídelles a todos os partidos un "esforzo" para poder formar un Goberno "estable" e de forma rápida. "Unhas terceiras eleccións serían unha insensatez que non esqueceríamos nunca", afirmou o líder popular
Fálase
Beiras avoga por incorporar a En Marea espazos do "nacionalismo de esquerdas" dispostos a integrarse, coma o Foro Galego ou os asinantes do Chamamento de Vidán. A Coordinadora de Anova, celebrada este sábado en Teo, aprobou apoiar o manifiesto presentado esta semana polos alcaldes das mareas. Beiras defendeu ademais a incorporación de elementos da metodoloxía de Mareas en Común.
O BOE deste sábado recolle a concesión da autorización do Goberno en funcións a Reganosa para que a planta de gas siga operando, a pesar das dúas sentenzas do Tribunal Supremo que esta primavera anularon os permisos concedidos. Toda a información, esta tarde en Praza.
Mareas en Común celebrou este sábado na Estrada unha nova xuntanza.
Podemos celebra este sábado xuntanza do Consello Cidadán Estatal. Pablo Iglesias pide que a formación mire ao "futuro" e constrúa un "bloque histórico cos movementos populares". "Unidos Podemos veu para quedar e será unha forza política esencial", salientou
O PSOE votará "non" na investidura de Mariano Rajoy. No Comité Federal socialista Pedro Sánchez esíxelle ao popular que se someta ao proceso de candidatura e deixa, polo momento, ao PSOE na oposición
Carlos Casares será o autor homenaxeado nas Letras 2017. Vén de anuncialo a Real Academia Galega, que este sábado celebrou un pleno no que escolleu o escritor ourensán, por diante de Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales. Toda a información, hoxe ao mediodía en Praza.
A xustiza de Noruega admite a trámite a demanda dos mariñeiros galegos que reclaman as súas pensións por ter traballado durante anos no país nórdico. Un xulgado de primeira instancia de Oslo admitiu a reclamación e os afectados esperan que o xuízo poida comezar "canto antes". A plataforma Long Hope, que os agrupa, lembra a falta de apoio institucional, tanto do goberno noruegués coma do español e da Xunta
Deputados críticos coa elección do senador autonómico do PSdeG-PSOE piden o cese de Patricia Vilán por manter a Modesto Pose no cargo fronte -din- á opinión maioritaria do grupo parlamentario.
Militantes de CDC obrigan a adiar a elección do novo nome para o partido, no congreso que busca a refundación da formación. Més Catalunya e Catalans Convergents eran as dúas opcións que se ían someter a votación.