A xustiza de Noruega admite a trámite a demanda dos mariñeiros galegos que reclaman as súas pensións por ter traballado durante anos no país nórdico. Un xulgado de primeira instancia de Oslo admitiu a reclamación e os afectados esperan que o xuízo poida comezar "canto antes". A plataforma Long Hope, que os agrupa, lembra a falta de apoio institucional, tanto do goberno noruegués coma do español e da Xunta
Fálase
Deputados críticos coa elección do senador autonómico do PSdeG-PSOE piden o cese de Patricia Vilán por manter a Modesto Pose no cargo fronte -din- á opinión maioritaria do grupo parlamentario.
Militantes de CDC obrigan a adiar a elección do novo nome para o partido, no congreso que busca a refundación da formación. Més Catalunya e Catalans Convergents eran as dúas opcións que se ían someter a votación.
División no PSOE ante o proceso de investidura. Os baróns territoriais divídense entre quen admiten que poden acabar absténdose para evitar terceiras eleccións e quen empurran a Sánchez a intentar de novo ser presidente
Outeiro de Rei acolle o Convivio da Cultura Galega, unha xornada festiva arredor de Manuel María, que se celebra por terceiro ano consecutivo. As asociacións culturais participantes buscan afortalar o movemento asociativo cultural galego, “aprenderen as unhas das experiencias das outras” e tecer propostas de traballo conxuntas
Durão Barroso, ex-presidente da Comisión Europea, ficha polo banco de investimento Goldman Sachs para, segundo esta empresa, xestionar asuntos vinculados ao Brexit.
O xornalista Rodrigo Cota será o pregoeiro das Festas da Peregrina de Pontevedra. Cóntao Pontevedra Viva.
Carvalho Calero, Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, candidatos ás Letras Galegas 2017, segundo vén de confirmar a Real Academia Galega, que dará a coñecer a elección este sábado.
A galega Verónica Boquete ficha polo Paris Sant Germain. A xogadora procede do Bayern de Munich, equipo co que acadou a Champions.
Milleiros de persoas concentráronse en Pamplona en resposta á agresión sexual sufrida por unha rapaza no primeiro día dos San Fermíns