Durão Barroso, ex-presidente da Comisión Europea, ficha polo banco de investimento Goldman Sachs para, segundo esta empresa, xestionar asuntos vinculados ao Brexit.
Fálase
O xornalista Rodrigo Cota será o pregoeiro das Festas da Peregrina de Pontevedra. Cóntao Pontevedra Viva.
Carvalho Calero, Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, candidatos ás Letras Galegas 2017, segundo vén de confirmar a Real Academia Galega, que dará a coñecer a elección este sábado.
A galega Verónica Boquete ficha polo Paris Sant Germain. A xogadora procede do Bayern de Munich, equipo co que acadou a Champions.
Milleiros de persoas concentráronse en Pamplona en resposta á agresión sexual sufrida por unha rapaza no primeiro día dos San Fermíns
O Consello Cidadán de Podemos Galicia aproba por maioría absoluta un documento no que aposta pola confluencia de cara ás autnonómicas de outono en liña co manifesto impulsado polos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol. Carmen Santos, secretaria xeral da formación, abandonou a xuntanza e mantén a súa aposta por debater esta cuestión nas asembleas locais do partido.
Os autónomos e autónomas galegas gañan unha media de 510 euros ao mes, a cifra máis baixa dende o 2003 e un 35% menos que hai unha década. Só o 12% ingresa máis de 17 mil euros netos.
Os plenos municipais de Cotobade e Cerdedo aproban a fusión dos dous concellos, no derradeiro trámite municipal, no que se resolveron as alegacións presentadas. En ambos os dous casos o proxecto contou só cos votos do PP e o PSdeG-PSOE ausentouse das votacións. A fusión completarase antes de final de ano
Francotiradores matan a catro policías en Dallas nunha manifestación contra a violencia policial, que chegaba despois de que axentes acabasen coa vida de dúas persoas negras. No que vai de 2016 máis de 130 afroamericanos morreron a mans da policía nos Estados Unidos
Asasinan unha nova líder indíxena en Honduras. Lesbia Yaneth militaba de forma activa contra a construción de encoros e dun proxecto hidroeléctrico na súa localidade. A súa morte chega catro meses despois do de Berta Cáceres e insírese nun intenso proceso de violencia política e represión contra os grupos opostos ao Goberno e á actividade de mulninacionais