Asasinan unha nova líder indíxena en Honduras. Lesbia Yaneth militaba de forma activa contra a construción de encoros e dun proxecto hidroeléctrico na súa localidade. A súa morte chega catro meses despois do de Berta Cáceres e insírese nun intenso proceso de violencia política e represión contra os grupos opostos ao Goberno e á actividade de mulninacionais
Fálase
A Xunta Electoral Central confirma que non recibiu ningún recurso contra o escrutinio das eleccións xerais do 26 de xuño
A UE ratifícalle ás vítimas de Angrois, como xa constatara a Audiencia da Coruña, que a investigación de Fomento sobre o accidente non foi independente. Toda a información, aquí
A UE activa o proceso para sancionar a España por incumprir o obxectivo de déficit. A decisión final dependerá do Consello de Ministros de Economía e Finanzas, o Ecofin
Feijóo admite que “hai que perfeccionar o protocolo” de actuación en emerxencias logo da descoordinación durante o rescate dun afogado en Ribeira. Porén, o PP negouse a investigar e mellorar no Parlamento a descoordinación durante o incendio de Fandicosta en Moaña.
O científico Ángel Carracedo será o pregoeiro das Festas do Apóstolo, cuxo programa está a presentar esta mañá o Concello de Santiago
Federico Trillo defende que "España non estivo na guerra de Iraq" e asegura que o goberno Aznar non mentiu a respecto da existencia armas de destrución masiva, como acredita o informe Chilcot. Asegurouno nunha entrevista en Onda Cero
O Dépor Feminino bota a andar coas súas catro primeiras fichaxes. Trátase de Teresa Abelleira, Rosalía Muiño, María Corral e Estefanía Pabst, procedentes do Lérez, do Victoria, do Friol e mais do Orzán. Unha ampla campaña apostou polo regreso do equipo durante o pasado ano.
Estes son os festivos de ámbito galego para 2017. A Xunta publica o decreto este xoves no DOG
Representantes da Comisión Europea recibirán esta tarde, a partir das catro, á plataforma de vítimas do Alvia para facilitarlles o acceso ao informe do accidente elaborado pola Axencia Europea Ferroviaria. Unha alegación de última hora do Goberno central atrasou a difusión deste informe ata despois das eleccións do pasado 26 de xuño.