Militantes de CDC obrigan a adiar a elección do novo nome para o partido, no congreso que busca a refundación da formación. Més Catalunya e Catalans Convergents eran as dúas opcións que se ían someter a votación.
Fálase
División no PSOE ante o proceso de investidura. Os baróns territoriais divídense entre quen admiten que poden acabar absténdose para evitar terceiras eleccións e quen empurran a Sánchez a intentar de novo ser presidente
Outeiro de Rei acolle o Convivio da Cultura Galega, unha xornada festiva arredor de Manuel María, que se celebra por terceiro ano consecutivo. As asociacións culturais participantes buscan afortalar o movemento asociativo cultural galego, “aprenderen as unhas das experiencias das outras” e tecer propostas de traballo conxuntas
Durão Barroso, ex-presidente da Comisión Europea, ficha polo banco de investimento Goldman Sachs para, segundo esta empresa, xestionar asuntos vinculados ao Brexit.
O xornalista Rodrigo Cota será o pregoeiro das Festas da Peregrina de Pontevedra. Cóntao Pontevedra Viva.
Carvalho Calero, Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, candidatos ás Letras Galegas 2017, segundo vén de confirmar a Real Academia Galega, que dará a coñecer a elección este sábado.
A galega Verónica Boquete ficha polo Paris Sant Germain. A xogadora procede do Bayern de Munich, equipo co que acadou a Champions.
Milleiros de persoas concentráronse en Pamplona en resposta á agresión sexual sufrida por unha rapaza no primeiro día dos San Fermíns
O Consello Cidadán de Podemos Galicia aproba por maioría absoluta un documento no que aposta pola confluencia de cara ás autnonómicas de outono en liña co manifesto impulsado polos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol. Carmen Santos, secretaria xeral da formación, abandonou a xuntanza e mantén a súa aposta por debater esta cuestión nas asembleas locais do partido.
Os autónomos e autónomas galegas gañan unha media de 510 euros ao mes, a cifra máis baixa dende o 2003 e un 35% menos que hai unha década. Só o 12% ingresa máis de 17 mil euros netos.