A Federación de Asociaciones de Periodistas de España avala que os partidos políticos elixan que xornalistas cobren as súas roldas de prensa. Cóntao El Diario.
Fálase
O TSXG indica que "todo apunta" a que tras a aparición dunha parella morta nunha vivenda de Foz está un novo caso de violencia machista. Un xulgado de Viveiro está a investigar o acontecido.
O DOG publica este venres a lei pola igualdade do colectivo LGTBI aprobada polo Parlamento a comezos de mes e que o PP recortou, aínda que asumindo o matrimonio igualitario dez anos despois da súa aprobación.
O cuadraxésimo aniversario do 25 de abril ten hoxe un lugar relevante na prensa portuguesa, na que destaca a primeira páxina e o especial do xornal Público
A empresaria que pide menos soldos para a mocidade "que non vale nada" é a propietaria da empresa que vixiaba o Madrid Arena a noite que morreron cinco persoas nese recinto pola aglomeración nunha festa. Cóntao Infolibre.
O xornalista galego Nacho Mirás gaña con Rabudopuntocom o galardón ao mellor blog persoal nos Premios 20 Blogs que organiza o xornal 20 Minutos.
A Xunta Electoral Central advirte defectos na documentación de 20 das 41 candidaturas presentadas no Estado ás eleccións europeas de maio. En El Diario
O alcalde do Porriño apela a Deus para non dimitir. Cóntao Faro de Vigo.
A presidenta do Círculo de Empresarios propón baixarlle o salario mínimo á mocidade "que non serve para nada". Cóntao El Diario.
A xuíza da Pokémon investiga o marido de Paula Prado por "obter beneficios económicos" para o seu negocio "valéndose da súa relación matrimonial", segundo expresa nun auto ao que tivo acceso a axencia Europa Press