A presidenta do Círculo de Empresarios propón baixarlle o salario mínimo á mocidade "que non serve para nada". Cóntao El Diario.
Fálase
A xuíza da Pokémon investiga o marido de Paula Prado por "obter beneficios económicos" para o seu negocio "valéndose da súa relación matrimonial", segundo expresa nun auto ao que tivo acceso a axencia Europa Press
O BNG convoca un encontro nacional coa súa militancia para arrincar a carreira electoral das europeas o vindeiro domingo en Santiago. Os nacionalistas anuncian ademais que non pedirán créditos bancarios para a campaña, na que non usarán envíos masivos de correo.
Un perito conclúe que co ERTMS o accidente de Angrois non tería ocorrido. O seu informe asegura que se o sistema empregado fose o do proxecto inicial o sinistro non tería por que ter pasado.
A aplicación VOU Axenda, unha guía cultural e de ocio da cidade de Ourense para dispositivos móbiles vén de superar o milleiro de descargas e os seis mil eventos difundidos. Os seus creadores destacan a súa importancia ante a proximidade da celebración da Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico.
Vigo acollerá esta fin de semana A Pedaliña, un completo programa de actividades ao redor da bicicleta, coma circuitos de BTT, obradoiros mecánicos, exhibición de bicicletas eléctricas ou BMX freestyle, ademais da realización cun circuíto urbano, o domingo.
O Supremo confirma que Resistencia Galega é unha organización terrorista e reduce entre cinco e tres anos de cadea as condenas a catro dos seus membros.
O PP impide no Congreso mellorar a protección laboral dos enfermos de cancro, rexeitando a proposta presentada polo BNG e impulsada pola viguesa Beatriz Figueroa. A proposta estaba apoiada, ademais, por case 400 sinaturas recollidas a través de change.org.
Faro de Vigo denuncia colapsos no servizo de urxencias do Hospital Xeral, con esperas de até seis horas. En febreiro xa se produciron problemas semellantes co peche do 10% das camas do Meixoeiro por mor das pingueiras. Este verán pecharán o 17% das camas, incrementando o déficit de servizos que sofre a Área Sanitaria de Vigo.
Os bancos españois ingresarán máis de 40.000 millóns grazas ao decreto do Goberno que permite converter en monetizables, é dicir, garantidos polo Estado, parte dos créditos fiscais que lles permitirían aos bancos aforrar impostos no futuro. Se os bancos non teñen beneficios suficientes para compensar esta deducción, esta computará como débeda pública