Faro de Vigo denuncia colapsos no servizo de urxencias do Hospital Xeral, con esperas de até seis horas. En febreiro xa se produciron problemas semellantes co peche do 10% das camas do Meixoeiro por mor das pingueiras. Este verán pecharán o 17% das camas, incrementando o déficit de servizos que sofre a Área Sanitaria de Vigo.
Fálase
Os bancos españois ingresarán máis de 40.000 millóns grazas ao decreto do Goberno que permite converter en monetizables, é dicir, garantidos polo Estado, parte dos créditos fiscais que lles permitirían aos bancos aforrar impostos no futuro. Se os bancos non teñen beneficios suficientes para compensar esta deducción, esta computará como débeda pública
Al Fatah e Hamás anuncian a reconciliación, despois de sete anos de enfrontamentos, que levará á formación dun Goberno de unidade en cinco semanas e a eleccións en seis meses. En resposta, Israel cancela unha xuntanza coa OLP e realiza ataques militares en Gaza.
Amnistía Internacional presentará este xoves un informe titulado España: o dereito a protestar, ameazado, no que denuncia "como o Goberno está utilizando todos os medios posibles para limitar por lei o dereito á liberdade de expresión e á protesta pacífica". O informe tamén recolle casos de violacións de dereitos humanos cometidas por membros das fuerzas de seguridade e falta de investigación destes abusos.
Na celebración do Sant Jordi en Barcelona, máis de 50 autores néganse as asinar os seu libros na Fnac, en solidariedade coa folga convocada polos traballadores da multinacional.
O Concello madrileño de Navalcarnero gasta 10 millóns de euros en 150 cruceiros. O municipio ten unha débeda de 250 millóns de euros. Cóntao El País.
Núñez Feijoo promete no Parlamento que haberá "buque gris" para os estaleiros de Navantia en Ferrol, en referencia a un encargo dun barco or parte da Armada, pero o presidente da Xunta non ofrece máis datos, nin prazos nin contías, limitándose a facer ese anuncio.
David Reinero gaña o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense coa súa obra Angrois, o AVE en Anacos, editada por Praza Pública. Máis información, esta tarde en Praza.
O BOE publica hoxe todas as candidaturas ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio.
Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña, será homenaxeado o vindeiro martes 29 de abril na cidade. O recoñecemento ao ex rexedor coruñés chega ao cumprírense 35 anos da súa chegada á alcaldía.