Núñez Feijoo promete no Parlamento que haberá "buque gris" para os estaleiros de Navantia en Ferrol, en referencia a un encargo dun barco or parte da Armada, pero o presidente da Xunta non ofrece máis datos, nin prazos nin contías, limitándose a facer ese anuncio.
Fálase
David Reinero gaña o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense coa súa obra Angrois, o AVE en Anacos, editada por Praza Pública. Máis información, esta tarde en Praza.
O BOE publica hoxe todas as candidaturas ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio.
Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña, será homenaxeado o vindeiro martes 29 de abril na cidade. O recoñecemento ao ex rexedor coruñés chega ao cumprírense 35 anos da súa chegada á alcaldía.
A concelleira do PP de Pontevedra que se opuxo á contrarreforma do aborto, María Biempica, deixa o grupo dos populares no Concello e pasará a ser edil non adscrita. Cóntao Pontevedra Viva.
Unha película anti-bullying realizada en Singapur anima a quen a vexa a compartila nas redes sociais. Cada vez que se fai, o filme acúrtase nun milisegundo, co lema "compárteo para rematar con isto"
Diagonal analiza en "Compartir coche ou vagón para derrotar a Hitler" os ataques recibidos pola plataforma de servizos BlaBlaCar e outras iniciativas colaborativas de transporte, como Truecalia (para compartir biletes de tren)
A operación Muralla, que investiga a adxudicación irregular de contratos pola Deputación de Lugo, chegará a xuízo os días 17, 18 e 19 de setembro, despois de sete anos. Entre os imputados figura o antigo presidente do ente provincial, Francisco Cacharro Pardo.
O alcalde de Lalín, José Crespo, ve necesaria a autovía entre Pontevedra e Lugo a pesar do escaso tráfico que na actualidade rexistra a PO-534, ao redor de dous mil vehículos diarios.
CRTVG, AELG e Gálix propoñen empregar nas redes sociais o hashtag #EnGalegoLeo, entre as 12 do mediodía e as 2 da tarde, para comentar os libros favoritos de cada persoa. Ademais, anímase a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentar. A CRTVG lanzou unha web que recollerá todas as mensaxes e imaxes.