A operación Muralla, que investiga a adxudicación irregular de contratos pola Deputación de Lugo, chegará a xuízo os días 17, 18 e 19 de setembro, despois de sete anos. Entre os imputados figura o antigo presidente do ente provincial, Francisco Cacharro Pardo.
Fálase
O alcalde de Lalín, José Crespo, ve necesaria a autovía entre Pontevedra e Lugo a pesar do escaso tráfico que na actualidade rexistra a PO-534, ao redor de dous mil vehículos diarios.
CRTVG, AELG e Gálix propoñen empregar nas redes sociais o hashtag #EnGalegoLeo, entre as 12 do mediodía e as 2 da tarde, para comentar os libros favoritos de cada persoa. Ademais, anímase a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentar. A CRTVG lanzou unha web que recollerá todas as mensaxes e imaxes.
Empresas afíns ao PP de Porriño usaban medios e traballadores municipais, conformando unha rede clientelar que se beneficiaba dos cartos públicos. O alcalde Nelson Santos (PP) está imputado por delitos de prevaricación continuada, suborno, malversación de fondos e tráfico de influencias.
O PP volve vetar no Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. A proposta do BNG foi apoiada por AGE e o PSdeG optou de novo pola abstención.
Os informes da Policía negan que Resistencia Galega tivese algo que ver cos disturbios do 22M, que nun principio foran atribuídos a violentos galegos organizados.
Jacinto Rey reclama nos tribunais os megavatios do concurso eólico do bipartito. O grupo San José defende que ten "dereito a que os proxectos sexan tramitados e autorizados" e mantén varios recursos no TSXG.
O ex conseller Joaquim Nadal abandona a presidencia do PSC de Girona xunto a nove críticos. Piden que o partido apoie o dereito a decidir porque debe ser maioritario en Catalunya.
Galicia perdeu 18.000 habitantes no último ano e continúa coa súa sangría demográfica, segundo os datos do INE. Uns 12.000 estranxeiros abandonaron o país nos últimos doce meses.
Miguel Von Hafe abandonará a dirección do CGAC en decembro, segundo lle comunicou ao padroado do centro de arte. Nun comunicado explicou que a súa renuncia se produce por "vontade propia" e dixo agardar que "a nova etapa comece cun concurso aberto e internacional" para escoller o seu sucesor.