Galicia perdeu 18.000 habitantes no último ano e continúa coa súa sangría demográfica, segundo os datos do INE. Uns 12.000 estranxeiros abandonaron o país nos últimos doce meses.
Fálase
Miguel Von Hafe abandonará a dirección do CGAC en decembro, segundo lle comunicou ao padroado do centro de arte. Nun comunicado explicou que a súa renuncia se produce por "vontade propia" e dixo agardar que "a nova etapa comece cun concurso aberto e internacional" para escoller o seu sucesor.
A Generalitat de Catalunya lanza unha web en inglés, alemán e francés para espallar internacionalmente a aposta polo referendo de autodeterminación. Titulouna Catalonia votes
Unhas xornadas analizarán a partir de hoxe a situación do Lago de Sanabria, despois de que se constatase unha preocupante contaminación, que pon en risco o meirande lago glaciar da Península.
Sete reportaxes competirán polo I Premio Universitario de Xornalismo Científico, convocado por GCiencia e a Fundación La Caixa.
A Consellaría de Sanidade proponlles aos médicos rebaixar en 40 euros o gasto farmacéutico por persoa. O gasto por persoa e ano en Galicia sitúase nos 250 euros, pordebaixo da media española, 295. Porén, o obxectivo da Xunta é chegar ao nivel acadado por Castela e León, 210.
Un xuíz avala que calquera cidadán poida gravar as actuacións policiais. "Nin existe prohibición de filmar no espazo público, nin a imaxe dos axentes", di a sentenza.
AGE acusa a Xunta de "incumprir a lexislación laboral" en Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas como os de Cangas e Moaña, onde "o persoal está a traballar ata 31 horas seguidas", segundo denuncia a deputada Eva Solla.
Ana Miranda coida que o PP "non quere o BNG" na Eurocámara "porque lles comemos as papas na defensa de Galiza e deixámolos en evidencia". Asegurouno na presentación da candidatura europea do Bloque en Compostela.
Elena Valenciano, Rubalcaba e Zapatero farán campaña en Galicia para as eleccións europeas, segundo vén de avanzar a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela.