Unhas xornadas analizarán a partir de hoxe a situación do Lago de Sanabria, despois de que se constatase unha preocupante contaminación, que pon en risco o meirande lago glaciar da Península.
Fálase
Sete reportaxes competirán polo I Premio Universitario de Xornalismo Científico, convocado por GCiencia e a Fundación La Caixa.
A Consellaría de Sanidade proponlles aos médicos rebaixar en 40 euros o gasto farmacéutico por persoa. O gasto por persoa e ano en Galicia sitúase nos 250 euros, pordebaixo da media española, 295. Porén, o obxectivo da Xunta é chegar ao nivel acadado por Castela e León, 210.
Un xuíz avala que calquera cidadán poida gravar as actuacións policiais. "Nin existe prohibición de filmar no espazo público, nin a imaxe dos axentes", di a sentenza.
AGE acusa a Xunta de "incumprir a lexislación laboral" en Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas como os de Cangas e Moaña, onde "o persoal está a traballar ata 31 horas seguidas", segundo denuncia a deputada Eva Solla.
Ana Miranda coida que o PP "non quere o BNG" na Eurocámara "porque lles comemos as papas na defensa de Galiza e deixámolos en evidencia". Asegurouno na presentación da candidatura europea do Bloque en Compostela.
Elena Valenciano, Rubalcaba e Zapatero farán campaña en Galicia para as eleccións europeas, segundo vén de avanzar a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela.
A revista Computer Hoy explica como facer para que os vídeos de Facebook non se reproduzan automaticamente. Pódese acceder ao titorial nesta ligazón.
O PSOE non colocará valados electorais na campaña das europeas. Os socialistas optan por unha campaña austera ante a falta de medios económicos.
O alcalde de Ourense defende a legalidade na contratación de asistencias técnicas polas que tivo que responder este luns no xulgado en calidade de imputado. Recólleo Europa Press.