A Consellaría de Sanidade proponlles aos médicos rebaixar en 40 euros o gasto farmacéutico por persoa. O gasto por persoa e ano en Galicia sitúase nos 250 euros, pordebaixo da media española, 295. Porén, o obxectivo da Xunta é chegar ao nivel acadado por Castela e León, 210.
Fálase
Un xuíz avala que calquera cidadán poida gravar as actuacións policiais. "Nin existe prohibición de filmar no espazo público, nin a imaxe dos axentes", di a sentenza.
AGE acusa a Xunta de "incumprir a lexislación laboral" en Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas como os de Cangas e Moaña, onde "o persoal está a traballar ata 31 horas seguidas", segundo denuncia a deputada Eva Solla.
Ana Miranda coida que o PP "non quere o BNG" na Eurocámara "porque lles comemos as papas na defensa de Galiza e deixámolos en evidencia". Asegurouno na presentación da candidatura europea do Bloque en Compostela.
Elena Valenciano, Rubalcaba e Zapatero farán campaña en Galicia para as eleccións europeas, segundo vén de avanzar a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela.
A revista Computer Hoy explica como facer para que os vídeos de Facebook non se reproduzan automaticamente. Pódese acceder ao titorial nesta ligazón.
O PSOE non colocará valados electorais na campaña das europeas. Os socialistas optan por unha campaña austera ante a falta de medios económicos.
O alcalde de Ourense defende a legalidade na contratación de asistencias técnicas polas que tivo que responder este luns no xulgado en calidade de imputado. Recólleo Europa Press.
Queremos Galego convoca unha mobilización "expansiva" para o vindeiro 17 de maio nas principais cidades do país. Máis información, hoxe en Praza.
Cañete ocultoulle ao Congreso que unha petrolífera na que participa funciona cunha concesión administrativa. Cóntao El País.