Queremos Galego convoca unha mobilización "expansiva" para o vindeiro 17 de maio nas principais cidades do país. Máis información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5354fcb047ed0-unpasoadianteeoutroadiante.jpg)
Queremos Galego convoca unha mobilización "expansiva" para o vindeiro 17 de maio nas principais cidades do país. Máis información, hoxe en Praza.
Cañete ocultoulle ao Congreso que unha petrolífera na que participa funciona cunha concesión administrativa. Cóntao El País.
Un libro avala a teoría de que os resultados electorais de Betanzos son extrapolables a toda Galicia, o que xustifica que sexa utilizada como Middletown ou Magic Town, como unha mostra a pequena escala do comportamento político en todo o país. Tanto a pirámide de idade local, coma a distribución urbana e rural da vila son equiparables ás de Galicia.
Aumenta o número de universitarios e universitarias galegas que poden perder o curso por non pagar a matrícula. Na Universidade de Vigo hai 663 alumnos afectados; na de Santiago notificáronse 500 avisos en só tres meses
Preparan unha homenaxe a Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña, elixido nas listas de Unidade Galega en 1979, hai 35 anos.
Sada levará outra vez ao pleno municipal unha moción para esixir que se declare BIC o edificio modernista de A Terraza, unha protección que está pendente dende 1975.
O boxeador Furacán Carter morre aos 76 anos de idade. Pasou 19 anos na cadea por un asasinato que non cometera. Dylan dedicoulle a canción Hurricane
Na Segunda B, derrotas do Rácing de Ferrol ante o Oviedo (0-1) e do Ourense en Zamora (2-1). Vitoria do Compostela ante o Burgos (3-0) e empate do Coruxo en Guijuelo (1-1). O Rácing é terceiro a falta de tres xornadas para o remate da competición regular.
Remata a xornada na Terceira galega. Somozas, Pontevedra, Boiro e Cerceda encabezan a clasificación a falta de tres xornadaspara rematar a liga.
Barbadás 3-2 Boiro
Deportivo B 0-2 Somozas
Alondras 4-1 Choco
Laracha 3-1 Cultural Areas
Betanzos 0-1 Racing Vilalbés
Cerceda 2-1 Negreira
As Pontes 3-0 Grixoa
Rápido de Bouzas 2-1 Dorneda
Pontevedra 2-1 Ordes
Bertamiráns 2-2 Arousa
O alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez Barcia, difunde un vídeo en youtube no que chama a atención sobre as aglomeracións que se formaron nos últimos días na praia das Catedrais, e reclama que Xunta e Goberno central adopten medidas para que este atractivo turístico "non morra de éxito". Pide que se declare o "Parque natural das Catedrais" para preservar o entorno e o areal.