O Concello madrileño de Navalcarnero gasta 10 millóns de euros en 150 cruceiros. O municipio ten unha débeda de 250 millóns de euros. Cóntao El País.
Fálase
Núñez Feijoo promete no Parlamento que haberá "buque gris" para os estaleiros de Navantia en Ferrol, en referencia a un encargo dun barco or parte da Armada, pero o presidente da Xunta non ofrece máis datos, nin prazos nin contías, limitándose a facer ese anuncio.
David Reinero gaña o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense coa súa obra Angrois, o AVE en Anacos, editada por Praza Pública. Máis información, esta tarde en Praza.
O BOE publica hoxe todas as candidaturas ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio.
Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña, será homenaxeado o vindeiro martes 29 de abril na cidade. O recoñecemento ao ex rexedor coruñés chega ao cumprírense 35 anos da súa chegada á alcaldía.
A concelleira do PP de Pontevedra que se opuxo á contrarreforma do aborto, María Biempica, deixa o grupo dos populares no Concello e pasará a ser edil non adscrita. Cóntao Pontevedra Viva.
Unha película anti-bullying realizada en Singapur anima a quen a vexa a compartila nas redes sociais. Cada vez que se fai, o filme acúrtase nun milisegundo, co lema "compárteo para rematar con isto"
Diagonal analiza en "Compartir coche ou vagón para derrotar a Hitler" os ataques recibidos pola plataforma de servizos BlaBlaCar e outras iniciativas colaborativas de transporte, como Truecalia (para compartir biletes de tren)
A operación Muralla, que investiga a adxudicación irregular de contratos pola Deputación de Lugo, chegará a xuízo os días 17, 18 e 19 de setembro, despois de sete anos. Entre os imputados figura o antigo presidente do ente provincial, Francisco Cacharro Pardo.
O alcalde de Lalín, José Crespo, ve necesaria a autovía entre Pontevedra e Lugo a pesar do escaso tráfico que na actualidade rexistra a PO-534, ao redor de dous mil vehículos diarios.