Emir Sader reflexiona en Público sobre "Por que o Foro Social Mundial se esgotou". Sinala que a súa "intranscendencia" se deriva da non participación dos Gobernos progresistas e que "as ONG e os teóricos da 'sociedade civil' viron como o seu paradigma liberal, anti-Estado, era superado pola realidade".
Fálase
Sin Permiso entrevista a Randall Wray, economista do Levy Economics Institute, e un dos promotores da chamada Teoría Monetaria Moderna, que defende que a soberanía monetaria dun Estado lle permite poder aumentar o gasto público e incorrer en déficit case tanto como se estea disposto a facer politicamente
Jorge Fabra (Economistas frente a la crisis) analiza o peche do rescate bancario español. "O peche en limpo é unha expresión que recorre a unha terminoloxía non neutral: Limpo? Para quen? Non é economía, é ideoloxía".
O 60% das mozas reciben insultos machistas das súas parellas a través do móbil. É o resultado dun estudo da Delegación do Goberno central para a violencia de xénero que adianta a Cadena SER.
A Liga de Fútbol destaca no seu resumo semanal que o Deportivo e o Lugo se atopan moi próximos ao liderado da Segunda división.
O Consello Nacional do PSC aproba que o partido se desmarque do dereito a decidir. O sector crítico dos socialistas cataláns non descarta romper a disciplina de voto. Cóntao Vilaweb
Bachelet queda ás portas da maioría absoluta na primeira volta das eleccións de Chile. A candidata esquerdista logrou case o 47% dos votos. En El Diario
O acollemento familiar reduciuse un 30% en Galicia dende o inicio da crise. Cóntao Faro de Vigo
A Xunta propón para o xuízo do accidente de Angrois peritos non especializados en trens. Cóntao El País
Resutados da Terceira división galega de fútbol
Negreira 1 - 1 Barbadás
Ordes 2 - 0 Deportivo B
Dorneda 1 - 1 Betanzos CF
Choco2 - 4 As Pontes
Racing Vilalbés 0 - 0 Laracha CF
Grixoa 1 - 1 Bertamiráns
Cultural Areas 1 - 0 Arousa
Boiro 2 - 0 Rápido de Bouzas
Somozas 0 - 2 Alondras
Pontevedra 1 - 2 Cerceda