Afástase a posibilidade dun acordo entre PP e PSOE para aprobar o novo PXOM de Ourense, despois de que o borrador presentado polo Goberno local non contentase os socialistas. O texto tamén é rexeitado por Democracia Ourensana e Ourense en Común.
Fálase
A CUP presentará unha emenda á totalidade aos orzamentos da Generalitat e pide unhas contas "máis desobedientes co Estado e máis obedientes ao Parlament". Artur Mas advirte de que "se a CUP veta os presupostos, o proxecto soberanista queda moi tocado"
O voceiro do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, Enrique Vaqueiro, pide a dimisión do portavoz local de Ciudadanos, Andrés Cal, por uns comentarios publicados en Facebook nos que, segundo o socialista, se burlaba do seu acento mexicano.
Tortosa manterá o monumento franquista do Ebro, despois da consulta na que o 68% dos habitantes desta vila catalá optaron pola continuidade do monolito. inaugurado en 1966, cunha participación do 30%
O BOE publica este sábado o acordo do Consello de Ministros que permite a Reganosa eludir a avaliación de impacto ambiental e que inicia a tramitación por vía de urxencia da solicitude da autorización administrativa previa e do proxecto de execución, que o Goberno en funcións debe resolver nos vindeiros días para evitar o peche da planta de gas.
Unha enquisa da consultora Advice Strategic prevé, en base a 2.500 entrevistas, unha vitoria do PP nas eleccións do 26X (29,8%), seguido de Unidos Podemos (24,4%), PSOE (20,4%) e Ciudadanos (14,7%). Un resultado na liña das últimas sondaxes publicadas e que se traduciría en ao redor de 120 escanos para o PP, 87 para UP e confluencias, 78 para o PSOE e 38 para C's.
Ás 22 horas daranse a coñecer os resultados das primarias celebradas este sábado polo PSdeG-PSOE para escoller candidato á Presidencia da Xunta. Méndez Romeu destacou a "alta participación" que -dixo- amosa que "a militancia cre posible o cambio en Galicia". Fernández Leiceaga subliña que "gañar significaría unha responsabilidade enorme"
O Goberno venezolano e opositores reúnense na República Dominicana coa mediación de Zapatero, unha xuntanza que definen como "exploratoria para o diálogo"
Javier Gómez Noya gaña por cuarta vez o Campionato de Europa de Triatlón. En Lisboa o ferrolán superou o ruso Polyanskiy por 49 segundos e será un dos favoritos na proba olímpica, que se celebrará en agosto en Río.
Méndez Romeu votou na Coruña, mentres que Fernández Leiceaga fíxoo en Compostela, na xornada de primarias que este sábado vive o PSdeG-PSOE, na que dez mil militantes están chamados e chamadas a escoller o seu candidato á Presidencia da Xunta. As últimas urnas pecharanse ás 20 horas e os resultados coñeceranse á noitiña. Toda a información, hoxe en Praza.