Unha enquisa da consultora Advice Strategic prevé, en base a 2.500 entrevistas, unha vitoria do PP nas eleccións do 26X (29,8%), seguido de Unidos Podemos (24,4%), PSOE (20,4%) e Ciudadanos (14,7%). Un resultado na liña das últimas sondaxes publicadas e que se traduciría en ao redor de 120 escanos para o PP, 87 para UP e confluencias, 78 para o PSOE e 38 para C's.
Fálase
Ás 22 horas daranse a coñecer os resultados das primarias celebradas este sábado polo PSdeG-PSOE para escoller candidato á Presidencia da Xunta. Méndez Romeu destacou a "alta participación" que -dixo- amosa que "a militancia cre posible o cambio en Galicia". Fernández Leiceaga subliña que "gañar significaría unha responsabilidade enorme"
O Goberno venezolano e opositores reúnense na República Dominicana coa mediación de Zapatero, unha xuntanza que definen como "exploratoria para o diálogo"
Javier Gómez Noya gaña por cuarta vez o Campionato de Europa de Triatlón. En Lisboa o ferrolán superou o ruso Polyanskiy por 49 segundos e será un dos favoritos na proba olímpica, que se celebrará en agosto en Río.
Méndez Romeu votou na Coruña, mentres que Fernández Leiceaga fíxoo en Compostela, na xornada de primarias que este sábado vive o PSdeG-PSOE, na que dez mil militantes están chamados e chamadas a escoller o seu candidato á Presidencia da Xunta. As últimas urnas pecharanse ás 20 horas e os resultados coñeceranse á noitiña. Toda a información, hoxe en Praza.
Centos de persoas participaron este sábado en Lugo na Muralla de Dignidade organizada polas Marchas da Dignidade
O persoal de Alcoa prefire que o comprador da planta sexa Aludium, empresa do sector, e non os tres fondos de investimento que tamén optan a facerse coa factoría.
A Xustiza arxentina pechou este venres o proceso contra algúns dos responsables do Plan Cóndor, decidindo 15 condenas a militares arxentinos e uruguaios. O tribunal considerou probada a desaparición forzada de 105 persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai. Estímase que durante unha década o Plan Cóndor, no que colaborou EE.UU, organizou o asasinato dunhas 50.000 persoas, a desaparición doutras 30.000, e levou ao cárcere a uns 400.000 opositores
Absoltos os dous Mossos acusados de mutilar a Ester Quintana cunha pelota de goma. A sentenza sinala que resulta "imposible de determinar" que arma policial e que axente lle fixo perder un ollo á muller. O tribunal critica tanto a actuación dos antidisturbios coma a posterior investigación da Generalitat.
A Marea Atlántica acorda pedir o voto para En Marea. A Rede da plataforma decidiu participar na campaña pero non entrará a formar parte dos órganos da coalición.