O persoal de Alcoa prefire que o comprador da planta sexa Aludium, empresa do sector, e non os tres fondos de investimento que tamén optan a facerse coa factoría.
Fálase
A Xustiza arxentina pechou este venres o proceso contra algúns dos responsables do Plan Cóndor, decidindo 15 condenas a militares arxentinos e uruguaios. O tribunal considerou probada a desaparición forzada de 105 persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai. Estímase que durante unha década o Plan Cóndor, no que colaborou EE.UU, organizou o asasinato dunhas 50.000 persoas, a desaparición doutras 30.000, e levou ao cárcere a uns 400.000 opositores
Absoltos os dous Mossos acusados de mutilar a Ester Quintana cunha pelota de goma. A sentenza sinala que resulta "imposible de determinar" que arma policial e que axente lle fixo perder un ollo á muller. O tribunal critica tanto a actuación dos antidisturbios coma a posterior investigación da Generalitat.
A Marea Atlántica acorda pedir o voto para En Marea. A Rede da plataforma decidiu participar na campaña pero non entrará a formar parte dos órganos da coalición.
Donald Trump suma os delegados necesarios para ser o candidato republicano. Suma xa 1.238 apoios no seu partido, o que inhabilita calquera candidatura alternativa.
A Xunta dá vía libre ao Concello da Coruña para poñer en marcha a renda social a partir do 6 de xuño. Será unha axuda destinada a veciños da cidade en exclusión social e que non teñan acceso á Risga.
Unidos Podemos superaría en votos ao PSOE pero non en escanos e obtería máis do 24% dos votos segundo unha enquisa para eldiario.es. O PP gañaría as eleccións pero nin a súa suma con Ciudadanos nin a de socialistas coa coalición de esquerda darían maioría absoluta.
Méndez Romeu di que facilitar un goberno de En Marea sería "unha catástrofe" para Galicia. Leiceaga, pola contra, cre que "a política é entendemento". Fano en senllas entrevistas en La Voz .
Os Orzamentos Participativos da Coruña servirán para que o vindeiro ano os e as veciñas da cidade decidan o uso dun millón de euros, o 2,76% do gasto destinado a investimentos. Calquera cidadán ou cidadá poderá presentar a súa proposta a través dunha web municipal habilitada, así coma nas bibliotecas e no CMIX.
Rajoy utilizará o Consello de Seguridade Nacional para introducir no debate político español a situación de Venezuela. O órgano, que non se reunía dende o pasado mes de novembro, celebrará este venres unha xuntanza.