A Marea Atlántica acorda pedir o voto para En Marea. A Rede da plataforma decidiu participar na campaña pero non entrará a formar parte dos órganos da coalición.
Fálase
Donald Trump suma os delegados necesarios para ser o candidato republicano. Suma xa 1.238 apoios no seu partido, o que inhabilita calquera candidatura alternativa.
A Xunta dá vía libre ao Concello da Coruña para poñer en marcha a renda social a partir do 6 de xuño. Será unha axuda destinada a veciños da cidade en exclusión social e que non teñan acceso á Risga.
Unidos Podemos superaría en votos ao PSOE pero non en escanos e obtería máis do 24% dos votos segundo unha enquisa para eldiario.es. O PP gañaría as eleccións pero nin a súa suma con Ciudadanos nin a de socialistas coa coalición de esquerda darían maioría absoluta.
Méndez Romeu di que facilitar un goberno de En Marea sería "unha catástrofe" para Galicia. Leiceaga, pola contra, cre que "a política é entendemento". Fano en senllas entrevistas en La Voz .
Os Orzamentos Participativos da Coruña servirán para que o vindeiro ano os e as veciñas da cidade decidan o uso dun millón de euros, o 2,76% do gasto destinado a investimentos. Calquera cidadán ou cidadá poderá presentar a súa proposta a través dunha web municipal habilitada, así coma nas bibliotecas e no CMIX.
Rajoy utilizará o Consello de Seguridade Nacional para introducir no debate político español a situación de Venezuela. O órgano, que non se reunía dende o pasado mes de novembro, celebrará este venres unha xuntanza.
TVE nomea director de La 2 un exsindicalista que acusou o PSOE de facer "limpeza étnica" na canle pública
A plataforma 'En Positivo' anuncia o seu apoio a Xoaquín Fernández Leiceaga nas primarias do PSdeG
O PP faise coa alcaldía de Santa Comba a través dunha moción de censura. Os conservadores, segunda forza do consistorio, están apoiados por Terra Galega, que no inicio do mandato apoiara a quen foi alcalde ata hoxe, o socialista José Antonio Ucha.