Cayo Lara anuncia que non se presentará ás primarias de IU para escoller candidato ou candidata para as eleccións xerais. A formación espera que Alberto Garzón anuncie a súa candidatura nos vindeiros días ou semanas
Fálase
Greenpeace abandona a zona das prospeccións petrolíferas na costa canaria tras a actuación da Armada que deixou ferida unha activista
Fenosa paralizará o proxecto de construción da liña de alta tensión O Irixo - Lalín se os afectados de Casas Vellas non aceptan elevar o tendido
A Feira Ecolóxica de Arzúa pechou a súa primeira xornada destacando "a grande afluencia de público".
O Sindicato Independente de Traballadores (SIT), maioritario en Citroën, aceptará a proposta salarial da empresa. UGT, CC.OO e CIG rexeitan a oferta e a CUT avanza que a "impugnará"
Valga acolle este sábado a primeira edición do ciclo de música emerxente Carolina Son, dedicado á veciña máis ilustre da vila, Carolina Otero, A Bela Otero, "que representa os valores da vangarda, independencia e ruralismo cosmopolita cos que se pretende identificar o festival". A partir das nove da noite actuarán no auditorio municipal Cazador, Músculo! e Caxade
O Exército impídelle a Greenpeace abordar o buque que realiza prospeccións na procura de petróleo en aguas canarias. Unha activista da organización resultou ferida. O Arctic Sunrise da organización ecoloxista atópase dende a pasada madrugada no lugar no que Repsol prevé iniciar as perforacións.
Unha empresa da Limia, pioneira en Galicia en vender patacas on-line. Os pedidos poden chegar a calquera punto de España nun máximo de 48 horas.
O Foro Social de Cangas denuncia xudicialmente a Autoridade Portuaria de Vigo e o Concello de Cangas por supostas obras ilegais no areal da antiga factoría de Massó. Sinalan que a pesar da inexistencia dun plan especial de ordenación da zona, alterouse a liña da beiramar e realizouse sin autorización un recheo na praia
Vén de comezar o acto de clausura da Asemblea Cidadá de Podemos. 108 mil persoas votaron na elección da Secretaría Xeral e dos demais órganos da formación. Pablo Iglesias foi elixido secretario xeral con máis de 95 mil votos. Íñigo Errejón foi o candidato máis votado para o Consello Cidadán, formado por 62 persoas. Pódese seguir en directo nesta ligazón.