Valga acolle este sábado a primeira edición do ciclo de música emerxente Carolina Son, dedicado á veciña máis ilustre da vila, Carolina Otero, A Bela Otero, "que representa os valores da vangarda, independencia e ruralismo cosmopolita cos que se pretende identificar o festival". A partir das nove da noite actuarán no auditorio municipal Cazador, Músculo! e Caxade